O III TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN DEPUTACIÓN DA CORUÑA PECHA UNHA NOVA EDICIÓN CUN GRAN ÉXITO DEPORTIVO E ORGANIZATIVO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Federación Galega de Balonmán clausurou no Pavillón do Restollal o III Torneo Internacional de Balonmán da Deputación da Coruña, celebrado esta fin de semana en Santiago de Compostela e que reuniu ás seleccións infantil e cadete, masculinas e femininas, de Galicia, da Associação de Andebol do Porto e da Federación de Balonmano del Principado de Asturias.

Foron dous días de competición intensa, convivencia e adestramentos, que serven tamén para poñer fin á primeira proba de preparación das seleccións galegas en camiño ao CESA 2026, que terá lugar do 3 ao 8 de xaneiro en Cataluña.

Clasificacións finais do torneo:

Infantil Masculina
Federación Galega de Balonmán
Associação de Andebol do Porto
Federación de Balonmano del Principado de Asturias

Infantil Feminina
Federación de Balonmano del Principado de Asturias
Federación Galega de Balonmán
Associação de Andebol do Porto

Cadete Masculina
Federación Galega de Balonmán
Federación de Balonmano del Principado de Asturias

Cadete Feminina
Federación Galega de Balonmán
Federación de Balonmano del Principado de Asturias

Durante toda a fin de semana, tanto no Restollal como na USC, puidéronse ver partidos de gran nivel, nun ambiente cun gran apoio das familias, afeccionados/as e xogadores e xogadoras de base que se achegaron para animar ás seleccións galegas.

Dende a Federación Galega de Balonmán agradecemos especialmente á Deputación da Coruña pola aposta decidida por este formato internacional; á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia polo apoio permanente ao proxecto deportivo autonómico; ao Concello de Santiago de Compostela e á Universidade de Santiago de Compostela pola súa colaboración esencial nesta edición; e ao Club Ribadosar pola axuda loxística no desenvolvemento do torneo. Sen eles, e sen as familias e afección galega que nos acompañaron durante toda a fin de semana, este éxito non sería posible.

III Torneo Internacional de Balonmán da Deputación da Coruña volve demostrar que Galicia continúa avanzando con paso firme, con talento, con formación e con identidade deportiva propia no camiño cara ao Campionato de España.

Moi pronto compartiremos máis información sobre as seguintes actividades das nosas seleccións galegas.

Salas de Videoconferencias: