DEFINIDO O CALENDARIO DA TEMPADA 20/21 DA DIVISIÓN DE HONRA PRATA FEMININA

Hoxe celebrouse o sorteo do calendario da tempada 2020/21 da División de Honra Prata Feminina, que estará formada por catro grupos de 14 equipos cada un. No grupo A contaremos con cinco clubs galegos: Rubensa BM Porriño, AD Carballal, SAR Rodavigo, CdeC Lavadores e Asmubal Meaño.

Así quedou a primeira xornada de Liga.

GRUPO A: Primeira xornada

BALONMANO SALUD TENERIFE – RUBENSA BM PORRIÑO
COMERCIAL ULSA HAND VALL VALLADOLID – PALENCIA TURISMO
SAR RODAVIGO – OVIEDO BALONMANO FEMENINO
HBC’74 AVIA IEN – A.D.CARBALLAL
BALONMANO GIJON – RODRIGUEZ CLEBA
ASMUBAL MEAÑO – SIERO DEPORTIVO BALONMANO
LANZAROTE ZONZAMAS – CDEC LAVADORES VIGO

Neste enlace podedes ver o calendario completo da seguinte tempada.

A categoría de prata do balonmán feminino arrincará o próximo 26-27 de setembro cun novo sistema: Contará con catro grupos de 14 equipos cada un. Os dous primeiros de cada grupo pasan a unha eliminatoria a dobre partido, na que se enfrontarán un primeiro contra un segundo. Os catro clasificados loitarán polas dúas prazas de ascenso a Liga Guerreiras Iberdrola nun grupo de ascenso en formato todos contra todos a unha volta.

Descenderán tanto os dous equipos peores clasificados de cada grupo como os dous peores antepenúltimos dos catro grupos, facendo un total de 10 equipos.

Salas de Videoconferencias: