O NOSO CLUB

O NOSO CLUB é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.

É algo máis que unha escola; trátase dunha canteira de deportistas e un aliado dos clubs e federacións da provincia.

Un espazo para xogar, aprender e compartir.

O obxectivo é que cada nena e neno se sinta parte dun verdadeiro club, onde o importante non é gañar senón pasalo ben, facer amizades e gozar do seu deporte.

Un programa gratuíto, diverso e accesible para que descubras todo o que o deporte che pode dar.

Salas de Videoconferencias: